Escoitar

Parten ao Reino Unido os 150 estudantes da "xeración perdida" de 2013 cunha bolsa de estudos do Concello

O alcalde recordou que non puideron optar no 2013, ano que lles correspondería por idade, ao carecer o Concello da partida orzamentaria, unha xeración que xa concluíu segundo de Bacharelato e accede agora ao programa de inglés do goberno de Vigo. En 2016, máis de 600 estudantes reciben unha bolsa de idiomas do Concello.<br />

luns, 13 xuñ 2016
1465820430becas2.jpg
Abel Caballero apuntou que no 2013 o Concello careceu de partida orzamentaria para o programa municipal de bolsas de inglés pola negativa a incluíla dos grupos municipais do PP e do BNG, unha "xeración perdida" que desde hoxe comezan as súas estadías no Reino Unido.

Este luns partiron do aeroporto de Vigo os primeiros 51 estudantes, mañá martes sairán outros 74 máis e o mércores, os últimos 25 alumnos e alumnas. Ademais, o rexedor vigués afirmou que en setembro viaxarán os máis de 400 bolseiros do Concello da Educación Secundaria que, sumados aos 47 da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, totalizan máis de 600 rapaces e rapazas que este ano estudan idiomas no estranxeiro cunha bolsa de estudos do goberno vigués.

Abel Caballero valorou o "excepcional" do Programa de Inmersión Lingüística en Inglés do Concello, desde un punto de vista educativo, pois fai posible que xeracións de vigueses e viguesas falen inglés, o que é "importantísimo" profesionalmente. Por outra banda, o alcalde subliñou tamén o "enorme contido social" desta iniciativa, pública e subvencionada, xa que a maior parte das familias receptoras desta axuda non poderían pagarse unha estancia no estranxeiro.
Descargar todas as imaxes