Escoitar

O rexedor pide incluír nos programas electorais o rescate do Álvaro Cunqueiro no primeiro ano de mandato

Abel Caballero anunciou o envío dun escrito a todos os partidos que se presenten ás eleccións autonómicas para que introduzan nos seus programas a reversión ao público do hospital de Beade-Valadares no primeiro ano de mandato, "goberne quen goberne" na Xunta de Galicia.

luns, 16 mai 2016
O alcalde vigués insta a todos os partidos políticos que opten a gobernar a Xunta de Galicia despois das eleccións de outono a incluír nos seus programas electorais o rescate da concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro durante o primeiro ano de mandato, "goberne quen goberne".

Caballero explicou que demandará un hospital público, coas 1.450 camas proxectadas, con áreas de referencia, laboratorio central e a recuperación da poboación asignada á área sanitaria viguesa. O rexedor tamén solicitará a construción dos centros de saúde comprometidos e a recuperación do Meixoeiro. "Queremos que quede claro para todo o mundo", indicou o alcalde, "goberne quen goberne" na Xunta de Galicia.