Escoitar

Caballero eloxia a traxectoria e "bo facer" da Regata Ribeiro Rías de Galicia na súa 53 edición

O alcalde participou este venres no Real Club Náutico de Vigo na presentación da quincuaxésima edición da Regata Ribeiro Rías de Galicia, a regata galega de cruceiro máis importante, que se celebra entre o 12 e o 15 de agosto en augas das rías viguesa, pontevedresa e arousá. <br />

venres, 6 mai 2016
1462538968nautico.JPG
O rexedor vigués puxo en valor o "bo facer" e a longa traxectoria da Regata Ribeiro Rías de Galicia que acada a súa quincuaxésima edición neste ano 2016. A regata de cruceiro máis importante de Galicia e unha das probas máis destacadas de España vaise desenvolver entre o 12 e o 15 de agosto en augas da ría de Vigo, de Pontevedra e de Arousa. Con saída e final en Vigo, a regata repetirá etapas e portos da edición anterior.

Na presentación da competición, realizada no Real Club Náutico de Vigo, Caballero eloxiou o labor desta sociedade con "máis de medio século servindo de nexo coa cidade" e, en referencia ao patrocinador da regata, a Denominación de Orixe do Ribeiro sinalou que "o Miño trae a Vigo as esencias destes caldos e desta zona".

Ademais, a presidenta do Club Náutico, Viviana García presentoulle ao alcalde, como representante da cidade, a Placa de Ouro da Real Orde ao Mérito Deportivo entregada polo Consello Superior de Deportes hai uns día que o alcalde recibiu con "orgullo e honra" no nome da cidadanía viguesa.
Descargar todas as imaxes