Escoitar

O alcalde propón a búsqueda de terreos para un campo de rugby na cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu hoxe a unha representación do equipo Universidade de Vigo de rugby, que mañá partirá a Nova Zelanda.

luns, 11 abr 2016
1460380055rugby.jpg
O rexedor recibiu este luns a unha representación do Universidade de Vigo rugby Club e ao xerente do mesmo, Martín Tello, quen lle presentou aos xogadores que estarán tres meses en Oceanía para adestrarse e competir en clubs neozelandeses unha vez rematada a presente temporada e antes de que comece a seguinte 2016-2017.

O proxecto persegue brindar a experiencia a Javier Abadía, Adolfo Rodríguez Uruburo, Joaquín Maguna, Marcos Muñiz e Carlos de Cabo. Norm Maxwell, o técnico dos universitarios e ideólogo desta acción, estivo tamén presente na recepción municipal.

No encontro, o alcalde asinou unha botella de Marqués de Vizhoja, firma que asume o patrocinio desta iniciativa a través de Javier Peláez, socio da adega.

Ademais, Caballero anunciou que o Concello buscará terreos para un campo de rugby. "Estamos nun tempo da revolución do deporte e é o momento de ter un campo de rugby; si non adicado exclusivamente a este deporte si o será mayoritariamente. Imos buscar ubicaciones, hai varias posibles, para ter ese campo de herba artificial na cidade", dixo.
Descargar todas as imaxes