Escoitar

Caballero constata o interese dos colectivos profesionais de aportar suxestións para o traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral

A Unión Federal da Policía non só está de acordo co traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral senón que xa está aportando ideas para que o deseño sexa o máis axeitado posible para todos os usuarios. Así o explicou o rexedor esta mañá logo de manter un encontro con responsables deste colectivo. <br />

venres, 8 abr 2016
1460117122policia.jpg
Caballero continúa coa rolda de contactos cos colectivos profesionais da Xustiza e hoxe venres foi a quenda da Unión Federal da Policía quen trasladou o seu acordo co novo uso previsto no edificio do antigo Hospital Xeral, ao tempo que avanzou ideas para que o espazo sexa remodelado do xeito máis axeitado posible. Na rolda de prensa posterior, o alcalde amosou a súa satisfacción pola implicación e o interese que están a amosar os distintos colectivos profesionais afectados e solicitou esas suxestións por escrito para que poidan ser incorporadas ao concurso de ideas e, polo tanto, que sexan tidas en conta na reforma da estrutura. O obxectivo, dixo, é construír unha Cidade da Xustiza que poida ser válida para os próximos cen anos, cun deseño que priorice aos profesionais e aos cidadáns.
Descargar todas as imaxes