Escoitar

Medidas de tráfico por obras

venres, 8 abr 2016
- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de remodelación do estadio de Balaidos, a realizar pola empresa Sa De Obras Y Servicios Copasa , estará pechada ao tráfico a rúa FRAGOSO(entre Eugenio Kraft e Manuel de Castro ), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 06/04/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado de cinco meses. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Dos Olímpicos Galegos, Citroën e Val Miñor.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado terra, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra , estará pechado ao tráfico o túnel, lado terra, da rúa BEIRAMAR, o domingo 10/04/2016 dende as 07:30 ás 14:00 horas .

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de reparación de formigonado, a realizar pola empresa Aqualia Gestion Integral Del Agua S A, estará pechada ao tráfico a rúa RONDA DE DON BOSCO(entre Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno), con acceso exclusivo para garaxes, dende o 11/04/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de reparación de pavimento petreo, a realizar pola empresa Civis Global, estará pechada ao tráfico a rúa TOLEDO nº 2, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 11/04/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que para mellorar a circulación viaria, e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúa PANASCO, cara a rúa FONTANS, dende o 12/04/2016 ás 10:00 horas.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de reparación de adoquinado, a realizar pola empresa Civis Global, estará pechada ao tráfico, en horario laboral, a rúa FRANCISCO FDEZ DEL RIEGO(PRAZA) Nº 1 (VIGO) , dende o 13/04/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.