Escoitar

O Auditorio do Concello acolleu actos de sensibilización polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O alcalde, Abel Caballero, tomou parte este xoves do programa organizado pola Fundación Menela, un acto protagonizado polos rapaces da entidade para a sensibilización e concienciación da "necesidade de tecer unha rede de apoio ás persoas e familias con autismo", en verbas de Caballero.

xoves, 7 abr 2016
1460032380autismo.jpg
A Fundación Menela programou para este xoves unha improvisación escenificada entre dous rapaces que compartirán as súas vivencias na súa comunidade, un repaso en imaxes dos corenta anos da Fundación Menela, a lectura dun manifesto do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e a amenización da Orquestra Castro Navás, integrada por voluntarios, profesionais e persoas con autismo do centro de Nigrán do mesmo nome.
Descargar todas as imaxes