Escoitar

As fontes da rúa Aragón tínguense de azul no Día Mundial do Autismo

Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo que se celebra este sábado 2 de abril, o Concello súmase á acción internacional "Ilumínao de azul" a petición da Fundación Menela. Esta media noite as fontes da rúa Aragón lucirán a cor azul identificativa da xornada.

venres, 1 abr 2016
Vigo súmase á acción internacional "Ilumínao de azul" que quere concienciar sobre a atención e inclusión social das persoas con trastornos do espectro autista. Por este motivo, as fontes da rúa Aragón tinguiranse de azul esta medianoite, ao igual que outros edificios emblemáticos de todo o mundo.

A participación do Concello na campaña xorde logo da petición da Fundación Menela, que leva corenta anos traballando con persoas que sofren este trastorno e coincide coa conmemoración mañá sábado 2 de abril do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.