Escoitar

Curso de escritura creativa para adultos Obradoiro literario "Aliteraclara"

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o curso de escritura creativa para adultos "obradoiro literario Aliteraclara" impartido pola escritora Clara do Roxo e terá lugar o 25 de abril; 2, 9, 23 de maio; de 18:30 a 21:00 no Centro Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12).Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com<br /> <br />

venres, 1 abr 2016
1459505319escribir1.jpg
1. Coñeceremos os elementos para dar formar ao texto
2. Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles
3. Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión
4. Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias
5. Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita

Información en 696 15 42 03

Datas:

--Nivel 1: 25 de abril; 2, 9, 23 de maio de 2016
--Nivel 2: 30 de maio; 6, 13, 20 de xuño de 2016 (para facer o nivel 2, é obrigatorio ter feito o nivel 1)


Horario: de 18:30 a 21:00

Lugar: Centro Municipal de Distrito Casco Vello (rúa Oliva, 12) {espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Partipación Cidadá}

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono, DNI e datas nas que fixo o nivel 1) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com
Descargar todas as imaxes