Escoitar

O Concello devolverá o 100% da taxa das licencias solicitadas segundo o PXOM anulado

Abel Caballero anunciou este venres que o goberno de Vigo devolverá todo o abonado en concepto de taxa de licencia a aqueles que a solicitaran ao amparo do anulado Plan do 2008 e que non poidan edificar coa normativa en vigor -o PXOM de 1993-. O Concello modifica así a ordenanza, que só obligaba á devolución do 50%.

venres, 4 mar 2016
O alcalde de Vigo informou este venres da instrucción interna dada na Xerencia de Urbanismo para devolver a taxa íntegra de licencia abonada por aqueles que solicitasen licencia ao amparo do PXOM do 2008 -anulado polo Supremo contra acción administrativa da Xunta de Galicia- e que non poidan edificar segundo a normativa urbanística en vigor -o Plan Xeral de 1993-.

"Creemos que non é xusto", asegurou Caballero en rolda de prensa, pois a ordenanza unicamente consideraba a devolución da metade do abonado pola nomeada taxa. A instrucción do goberno de Vigo vén de solventalo coa devolución do capital íntegro.

De cara a facer efectiva o reembolso, explicou o rexedor vigués que pode haber dúas fórmulas: que o afectado o solicite ou que sexa o propio Concello de Vigo quen o faga con carácter de oficio.

Venda de viviendas e solo
A Xerencia de Urbanismo tamén acordou na sesión do Consello deste venres a incoación formal do procedemento para a venda, por poxa pública, de 15 vivendas en República Argentina e dunha decena de parcelas para a construción de casas unifamiliares.

No primeiro caso, a venda dos 15 pisos en República Argentina 12-14 será por poxa pública en sobre pechado e as vivendas oscilan entre os 76 e os 112 metros cadrados, con prezos de saída entre 122.500 e 209.500 euros. Coa decisión adoptada este venres se da continuidade ao proceso de venda anterior, do que se venderan 21 pisos no mesmo edificio.

En segundo lugar, o Concello de Vigo incoa o procedemento para o alleamento de parcelas municipais destinadas á construción de vivendas unifamiliares. Saen catro espazos en rúa Finca dos Aires e Fonte Santa, dúas en rúa Combro (Coruxo) e outras catro en Tomada-Navia.

Abel Caballero asegurou os ingresos recadados con estas vendas liberan recursos para "pagar alugueres de centos e centos de vivendas da cidade de Vigo", apuntou. "Seguimos tendo demanda de pago de aluguer para evitar desafiuzamentos", indicou o alcalde, "e sacamos unha parte dos recursos destas vendas". O rexedor cifrou en 1.200 os pagos de vivenda abonados a familias da cidade que non poden facerlles fronte. "Con estes recursos seguiremos resolvendo casos", concluíu.