Escoitar

Caballero cifra en 30 millóns os investimentos no Casco Vello baixo o seu mandato

O alcalde amosouse "encantado" pola celebración do aniversario do Consorcio do Casco Vello -do que o Concello forma parte- cun paseo pola zona alta e actos institucionais. Caballero engadiu que os 30 millóns adicados ao casco histórico vigués polo seu goberno son "cifras moi significativas da nosa acción", e nomeou a Pinacoteca, as humanizacións, a UNED e os Coidadores de Barrio, entre outras.

mércores, 2 mar 2016
1456926150xornalconsorcio.jpg
O alcalde, Abel Caballero, participou este mércores nos actos de celebración do aniversario do Consorcio do Casco Vello de Vigo, que contou coa presenza de numerosos cargos institucionais, entre eles o presidente da Xunta de Galicia. As autoridades fixeron un percorrido pola zona alta do Casco Vello e visitaron algúns espazos, locais e vivendas rehabilitadas polo ente, do que forma parte o Concello de Vigo.

Durante o acto, o rexedor apuntou que o Casco Vello é "o noso corazón e a nosa alma" e "asistimos a un reverdecer e un reencontro da cidadanía con esta zona" que, ao seu entender, "ten que seguir sendo unha gran bandeira" da cidade coa "contribución de todos" e apelou a ese traballo conxunto para seguir percorrendo o camiño e abordar "retos colectivos de futuro" como a fachada do Berbés, o barrio do Cura ou a Panificadora.

En declaracións previas, Caballero afirmou que "estamos encantados" de celebrar o aniversario do Consorcio -creado no 2005- e engadiu as "cifras moi significativas da nosa acción" na zona vella da cidade: 30 millóns de euros investidos polo goberno de Vigo baixo o seu mandato.

Neste aspecto, o alcalde salientou melloras como as humanizacións, as escaleiras mecánicas, o aforro enerxético, a Pinacoteca, a sede da UNED, o Centro de Arte Fotográfica, as medianeiras ou a adecuación da muralla do Castro. "Soamente os Coidadores de Barrio, medio millón de euros ao ano", exemplificou Caballero.
Descargar todas as imaxes