Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 29 de febreiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O informe de Tesourería confirma que o prazo medio de pago a proveedores en decembro foi de 10 días

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta no Pleno do informe de Tesourería do último trimestre de 2015 sobre o cumprimento de prazos de para o pago das obrigas. Tal e como detallou, no pasado mes de decembro o Concello pagou aos seus proveedores nun prazo medio de dez días, desde a recepción dos bens ou servizos.

O periodo medio de pago a proveedores o pasado mes de decembro foi de 10 días, tal e como detalla o informe de Tesourería do último trimestre de 2015 do que esta mañá deu conta no Pleno o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros. Durante a súa intervención, o edil destacou a importancia destes datos, tendo en conta, que nese período se aboaron máis de 7.000 facturas de subministro eléctrico "e aínda así, as obrigas orzamentarias pendentes de pago ao final do ano foi de mínimo histórico e todas as pagaron nos primeiros días de xaneiro. Comparou estes datos cos de outras administracións, como a Xunta de Galicia que incrementou en 13 días o seu periodo medio de pago, pasando de 47 a 60 días, ou os 102 concellos galegos nos que non se cumpre o prazo de pago a proveedores.

No cuarto trimestre de 2012, se fixeron un total de 4.274 pagos a proveedores, por un total de 29.601.996 euros, cunha porcentaxe de cumprimento de prazos dun 99%, o que supón que o non exisiten xuros de demora algún por retrasos. Ao final do cuarto trimestre do 2015 quedaban pendentes de pago 6.508 operacións das que só 13 se atopaban máis aló de prazo, o que representa apenas o 0,01% do total das aprobacións.
Mais noticias
As piscinas municipais serán xestionadas cun novo modelo que inclúe a reforma das instalacións
A unanimidade do Pleno reclama á Xunta melloras no servizo de transporte ao aeroporto de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003