Escoitar

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de taxis

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE TAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 25 da vixente Ordenanza municipal reguladora do servizo de taxi (BOP nº 48, de 11 de marzo de 2015) e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 4 de marzo de 2016, incluído. A documentación requirida é a seguinte:

venres, 12 feb 2016
1455279862taxis.jpg
-compulsada do carné de conducir.
-Certificado expedido polo Ministerio de Xustiza, que acredite a carenPago das Taxas por dereito de exames.
-Unha foto actualizada en cor (deberá entregarse sen ningunha marca de grampa).
-fotocopia compulsada do DNI.
-fotocopiacia de antecedentes penais. (modelo 790).(considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do anuncio).
-certificado médico, expedido nos termos expresados no artigo 25 da Ordenanza Municipal de Taxi (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do anuncio).

O exame constará das seguintes partes:

-Coñecemento da Ordenanza municipal reguladora do servizo de taxi (BOP nº 48, de 11 de marzo de 2015).
-Ubicacións de rúas e puntos de interese na cidade de Vigo.
-Itinerario a seguir entre dúas ubicacións do termo municipal.
-Lei 4/2013, de 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia (modificada por Lei 13/2015 de 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, no seu Título II, capítulo II).
-Real decreto lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.

As probas realizaranse o DIA 27 DE ABRIL DE 2016, na Casa do Concello ou na ubicación que se determine por esta Area Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo azul e carné de conducir.

Así mesmo, se o nº de aspirantes así o esixira, estableceríase outro día adicional para a realización do exame citado.

As listas nas que se indicará o lugar de realización da proba, o horario no que cada solicitante debe presentarse á mesma nos días establecidos, no seu caso, e demáis circunstancias relacionadas, publicaranse no Taboleiro de Edictos, na web hoxe.vigo.org (no apartado 'CONVOCATORIAS E SUBVENCIONS' da Sede Electrónica) e nas oficinas do servizo de Transportes, nun prazo máximo dun mes, unha vez que finalice o prazo para a presentación de solicitudes.
Descargar todas as imaxes