Escoitar

Concello e Deputación homenaxearán a Neira Vilas cunha escultura de "Balbino"

O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación asinaron este xoves un protocolo de colaboración para a instalación -estimada no mes de marzo- dunha escultura en granito de "Balbino", personaxe de "Memorias dun Neno Labrego", como "homenaxe" ao seu autor, o recentemente falecido Xosé Neira Vilas. A obra ubicarase no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido.

xoves, 28 xan 2016
1453984349diputacion.JPG
Abel Caballero e Carmela Silva rubricaron este xoves un protocolo entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, un marco de colaboración para a instalación no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido, dunha escultura en granito de "Balbino", personaxe creado polo autor galego na súa obra "Memorias dun Neno Labrego".

Segundo explicou o alcalde ao remate, a obra "ten un gran interese simbólico" e correrá a cargo da Escola de Canteiros da deputación provincial. Caballero avanzou que estará instalada ao longo do mes de marzo.
Descargar todas as imaxes