Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 28 de xaneiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Xunta de Goberno Local



ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 29 DE XANEIRO DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 15 de xaneiro de 2016.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prórroga do contrato de servizos de teleasistencia domiciliaria municipal. Expte. 116284/301.

DEPORTES
3.- Devolución de fianza a Agrupación Colexio o Castro constituída pola celebración do XX Cross Escolar A.D. Castro San Miguel. Expte. 14514/333.

EDUCACIÓN
4.- Expediente de contratación, por procedemento aberto, de Servizos para a xestión, organización e desenvolvemento do Programa municipal de inmersión Lingüística mediante integración escolar nun High School en período lectivo "Vigo en Inglés 2016". Expte. 17468/332.

5.- Proposta de adxudicación e denegación das bolsas "Concello de Vigo" para estadías lingüísticas no estranxeiro para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, ano 2016. Expte. 17412/332.

6.- Bases e convocatoria ordinaria para a adxudicación de prazas do Programa municipal de inmersión en lingua Inglesa (Vigo en Inglés 2016)- alumnado 3º ESO de centros educativos de Vigo sostidos con fondos públicos. Expte. 17631/332.

7.- Bases e convocatoria extraordinaria para adxudicación de prazas do Programa municipal de inmersión en lingua inglesa (Vigo en Inglés 2016) – alumnado 2º Bacharelato de centros educativos do Concello de Vigo. Expte. 17632/332.


RECURSOS HUMANOS
8.- Gastos de locomoción dos distintos servizos municipais ata novembro 2015. Expte.27490/220.

9.- Reclamacións de axudas socio-sanitarias-2015 (FAS), 2ª fase. Expte. 27531/220.

10.- Produtividade por xornada partida do Servizo de Cemiterios, novembro 2015. Expte. 27419/220.

11.- Gratificación por servizos de Gran Gala prestados pola Policía Local con motivo do "Día da Constitución". Expte. 27423/220.

12.- Gratificacións por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual Cemiterios- novembro 2015. Expte. 27420/220.

13.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de decembro 2015. Expte. 27543/220.

14.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de decembro 2015. Expte. 27545/220.

15.- Complemento de produtividade por xornada partida do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de decembro 2015. Expte. 27546/220.

16.- Actualización das instruccións en materia de Planificación e Xestión de Recursos Humanos no Concello de Vigo. Expte. 27576/220.

17.- Produtividade a Dna. Patricia Romero Gil-Delgado, por xornada partida. (Participación Cidadá). Expte. 27426/220.

18.- Convocatoria de axudas de estudos (FAS) 2015-2016. Expte.27540/220.

19.- Dar conta de resolucións do concelleiro delegado de Xestión municipal e Persoal:

a) Autorización de horas extras ao persoal do servizo de Limpeza para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2016. Expte. 27510-220.

b) Autorización de horas extras ao persoal do servizo de Museos para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2016. Expte. 27512-220.

c) Autorización horas extras ao persoal do Taller de Vías e Obras para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2016. Expte. 27472-220.

d) Renuncia presentada por Dna. Clara Barciela Balado ao seu nomeamento interino por acumulación de tarefas como auxiliar de administración xeral. Expte. 27563/220.
e) Renuncia presentada por D. Armando Fernández Álvarez do seu nomeamento interino por acumulación de tarefas como axudante de oficios. Expte. 27561/220.

f) Declaración da xubilación voluntaria do empregado público municipal D. Manuel Oliveira Quintas. Expte. 27457/220.

g) Dar conta do expte.: 27533-220, sobre execución sentenza nº 325, de 5/10/2015 do Xdo. C-A. Nº 1, no p.a. 247/2015, interposto por D. Juan Alonso Piñeiro. Expte. 27599/220.

SEGURIDADE
20.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Seguridade e Mobilidade durante o segundo semestre do ano 2015. Expte. 95837/210.

SERVIZOS XERAIS
21.- Proposta de autorización do Concello de Redondela de autorización para ocupación do subsolo de titularidade municipal na traza do Canal de Eiras para instalación de colector de rede de saneamento. Expte. 3567/440.

22.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 29 de xaneiro de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 29 de xaneiro de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.
Mais noticias
Concello e Deputación homenaxearán a Neira Vilas cunha escultura de "Balbino"
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003