Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 25 de xaneiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Corporación insta á cesión dos terreos á Xunta de Galicia para construír a Cidade da Xustiza

A moción, presentada polo grupo municipal do Partido Popular e apoiada por todos os concelleiros e concelleiras no Pleno celebrado este luns, reclama do Concello que poña a disposición do goberno autonómico o solo necesario para o novo edificio xudicial vigués. O goberno de Vigo explicou que avanza na tramitación e que nada impide á Xunta de Galicia iniciar o proxecto de construción.

O Pleno da Corporación de Vigo, na sesión ordinaria celebrada hoxe luns, deu luz verde por unanimidade á moción presentada polo grupo do PP instando ao Concello de Vigo a ceder terreos á Xunta de Galicia para edificar a Cidade da Xustiza.

O acordo pide "tramitar de inmediato" a posta a disposición do solo, "informar" dos avances na tramitación da expropiación, explicar unha eventual "incidencia" da anulación do Plan Xeral no proceso e expor as "previsións" coas que traballa o goberno da cidade para concluilo.

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, transmitiu que o Concello de Vigo leva investidos tres millóns de euros na expropiación dos terreos e argumentou que o goberno local está a informar puntualmente do avance da tramitación nas reunións do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, nas que participan todos os grupos políticos. Ademais, Caride recordou que "nada impide" á Xunta de Galicia iniciar o proxecto de construción do novo inmoble xudicial, toda vez que o proceso de cesión do solo está avanzado.
Mais noticias
O Pleno solicita ao Sergas habilitar dúas parcelas para aparcamentos gratuítos no Álvaro Cunqueiro
Todos os grupos instan a Linorsa a que cumpra o contrato e pague ao seu persoal


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003