Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 20 de xaneiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde salienta o "grande proxecto musical" da Orquestra Vigo 430

Este mércores presentouse a programación de primavera da Orquestra Vigo 430, que ofrece oito concertos nun ciclo "ambicioso e de alcance" segundo o seu director artístico, Javier Escobar. Abel Caballero manifestou o apoio do goberno local a esta formación que reúne a músicos da canteira viguesa.




Na rolda de prensa de presentación do novo ciclo musical da Orquestra Vigo 430, o alcalde valorou a amplitude da programación que inclúe obras de Vivaldi, Tchaikovsky, Mozart, Bethoveen, Schumann, Strauss ou Ravel e amosou a súa "satisfacción polo programa e o empeño neste grande proxecto orquestral que nace con moita solidez e cun gran agrado por parte da cidade" e ao que o goberno municipal prestará "todo o seu apoio e entusiasmo porque a cidade goza desta música".

A programación de primavera da Orquesta Vigo 430 inclúe 8 concertos das súas catro seccións: a Sinfónica, a Barroca, a Xove e o Ensemble Vigo que se estenderá cinco meses desde xaneiro ata xuño e recupera os concertos matinais dos domingos pola mañá, algo que o rexedor cualifica como "unha magnífica idea" porque supón "a recuperación da tradición e do tronco común e das raíces dos concertos nos palcos" que se facían en moitos lugares. Os recitais celébranse no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo que ofrece unha acústica especial, con prezos accesibles e horarios de mañá e mediodía para toda a familia.

Javier Escobar, director artístico da Orquestra Vigo 430 agradeceulle ao Concello a súa "valentía e decisión ao apostar por un proxecto coma este que implica o cariño de entender que se trata dunha orquestra creada desde a grande canteira de músicos de Vigo", xa que está formada por novos músicos do conservatorio" e destacou que a formación que dirixe Vicente Arbeloa está sendo cada vez máis reclamada por solistas de talle internacional para gravar os seus discos. Engadiu tamén que se trata dunha programación "máis ambiciosa ca nunca, a mellor e de máis alcance grazas ao respaldo continuo do goberno local" e salientou a calidade do repertorio e a presenza de grandes solista como a violinista Rusanda Panfilli que está no primeiro recital que se celebra o domingo 31 de xaneiro.
Mais noticias
Caballero constata "consenso e un novo clima" para a posta en marcha da Área Metropolitana
O rexedor reclama á Xunta que atenda as necesidades dos centros públicos vigueses

O Auditorio Municipal acolle mañá o estreo do segundo documental sobre o Discamino
Vigo anticipa a celebración do día Internacional da Aperta cun acto na Praza de Peniche


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003