Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 18 de xaneiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero anima a acudir á Feira do Cocido de Lalín, que se promociona en Vigo cun bus gastronómico

O centro de Vigo recibe hoxe luns ao autobús promocional da Feira do Cocido de Lalín, que ofrece degustacións ao público e conta coa colaboración dos novos valores da cociña lalinense. O alcalde salientou que é unha "magnífica ocasión" para probar un prato "excepcional" e invitou á cidadanía a achegarse a Lalín o 31 de xaneiro.




Abel Caballero recordou que Lalín conta cunha "fonda tradición de unión con Vigo" e as festas, como a promocionada hoxe na cidade, son exemplos deste vínculo entre ambos municipios. "Temos moitas cousas en común con Lalín", apuntou o rexedor vigués, quen abondou que "esta provincia ten un proxecto colectivo que temos que enfatizar".

Lalín promociona hoxe no entorno da farol de Urzáiz, en Vigo, a súa edición 2016 da Feira do Cocido, que terá lugar o día 31 de xaneiro máis presenta numerosas actividades e propostas tanto antes como despois da nomeada data. O bus promocional ofrece degustacións gastronómicas ao público e unha presentación moderna e innovadora que conta coa colaboración dos novos valores da cociña lalinense.

Pola súa banda, o alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, agradeceu as facilidades prestadas polo Concello de Vigo para a promoción da Feira, singularmente a "colaboración" do rexedor vigués para "animar" aos vigueses e viguesas a asistir.
Mais noticias
O Concello cede un local de 600 metros cadrados á Asociación de Familiares de Alzheimer


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003