Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 14 de xaneiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Arrinca este domingo a Liga Concello de Vigo de natación escolar na piscina do Carme

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu este xoves á directiva do Club Natación Vigo Rías Baixas polo inmediato inicio da Liga Concello de Vigo de natación escolar.




Nesta edición, a terceira, medio milleiro de nadadores nados entre 2004 e 2010 e pertencentes a máis de trinta colexios do municipio participarán nun campionato que comeza este domingo (9:00 horas) na piscina do Carme, no complexo das Travesas, e que en 2015 reuniu a 460 nadadores.

Como anunciara o alcalde no peche do campionato anterior, a masiva resposta de colexios e nadadores levou á ampliación da liga, que pasa de tres a catro xornadas. As seguintes serán o 28 de febreiro, 24 de abril e 12 de xuño, sempre no mesmo escenario.

A competición, mixta, divídese en dúas categorías, promesas (nacidos en 2008, 2009 e 2010) e benxamíns (de 2004 a 2007). Con esta acción que patrocina o Concello de Vigo preténdese en moitos casos que os nenos coñezan a competición por vez primeira. Os participantes nadan dúas modalidades (25 metros libres e 25 metros costas).

En 2014 gañou a Liga o colexio Martín Códax, tomando a substitución o CEIP Frián de Teis en 2015.
Mais noticias
Caballero envía á Xunta o borrador do proxecto para a Área Metropolitana pactado por 15 concellos
Vigo contará con catro novas turboglorietas en Castrelos, Travesía de Vigo, Castelao e Gregorio Espino
O Concello e a Axencia de Pesca celebrarán conxuntamente o Día de Europa en Vigo
Vigo valora irmandarse coa cidade chinesa de Hunan para "estreitar relacións" económicas
Aberto o prazo para centros educativos do programa "Música coa escola: concertos didácticos das escolas municipais de música"
Inauguración exposición "TECIDO CRU. Deseñar e construír"
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003