Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 12 de xaneiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Pleno acorda pedir á Xunta que financie os custos da redacción do novo PXOM de Vigo

Todos os grupos políticos deron luz verde na sesión plenaria desta mañá a unha moción socialista na que propoñía a oportunidade de asinar un convenio entre Xunta e Concello para que a administración autonómica sufrague os custos de redacción e elaboración do novo PXOM de Vigo.


A unanimidade do Pleno acordou hoxe martes asinar un convenio de colaboración entre Xunta e Concello que comprometa á administración autonómica a asumir o custo da redacción do novo planeamento urbanístico de Vigo. Tal e como defendeu a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, esta cooperación é fundamental dada a importancia da adaptación e revisión do urbanismo para o desenvolvemento sostible de Galicia, dado o peso de Vigo na súa área metropolitana e no conxunto da Comunidade.

Outro dos acordos adoptados por todos os grupos políticos foi outra moción socialista destinada a mellorar o transporte ferroviario para os vigueses. Concretamente, David Regades defendeu instar ao Ministerio de Fomento-Renfe a incrementar o servizo ferroviario de trens ás cidades de Madrid e Barcelona en festivos e períodos vacacionais. O texto trata de garantir a demanda de transporte dos cidadáns de Vigo, tal e como indicou Regades durante o debate.

Por último, o PSOE tamén conseguiu sacar adiante outra moción, neste caso sobre educación, co voto favorable da Marea e a abstención do PP. Olga Alonso, concelleira de Educación, solicitou que á Xunta aumente significativamente a oferta de ciclos de Formación Profesional, tanto de grao medio, como de grao superior, no ensino público, de cara ao curso 2016/2017.
Mais noticias
A Corporación garante a subrogación do persoal dos aparcadoiros da Porta do Sol e da Praza de Portugal


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003