Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 07 de xaneiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local activa o programa contra desafiuzamentos dotado con 802.000 euros

O alcalde informou este xoves pola mañá de que os servizos de Benestar Social municipais están atendendo a dúas familias en risco de sufrir un desafiuzamento e lembrou que dende primeiros de ano o Concello ten activado o Programa Contra Desafiuzamentos e de Emerxencia Social.

Abel Caballero deu conta este xoves da posta en funcionamento do Programa contra Desafiuzamentos e de Emerxencia Social co que "dende hoxe mesmo están dispoñibles 800.000 euros para atender de forma manifesta os desafiuzamentos que vaian xurdindo" na cidade. Este orzamento súmase aos 2 millóns de euros destinados polo Concello a cheques sociais cos que se axuda ás familias viguesas a aboar os pagamentos de enerxía, alimentación e alugueiro.

Ademais, o rexedor informou de que os servizos de Benestar municipais están atendendo nestes momentos a dúas familias de Vigo que están en risco de perder a súa vivenda e referiuse ao caso dado a coñecer estes días a través dos medios de comunicación apuntando que esta familia "leva un ano sendo atendida polo Concello. Estamos falando e axudándoa".
Mais noticias
O Concello adquire material técnico para combater a praga de avespa asiática


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003