Escoitar

Presentacion do libro "Rosalía Mera:el hilo suelto"

O Centro de Documentación e Recursos feministas acolle a presentacion do libro "Rosalía Mera:el hilo suelto", de Xabier R. Blanco (La esfera de los libros, 2015), o martes, 1 de decembro de 2015 ás 19:00 horas. Interveñen Xabier R. Blanco e Manuel Vázquez Sola.

luns, 30 nov 2015
1448883108mera.jpg
Unha traballadora infatigable que chegou a converterse na máis rica de España e na 66ª do mundo según Forbes.

A outra gran protagonista dese prodixio chamado Inditex falaba pouco pero dicía moito. De xeito controlado, sobrepoñéndose a varios golpes que lle deu a vida e vixiando con cautela as súas aparicións mediáticas, foi forxando un ha personaxe que nunca esqueceu as súas orixes e á que non lle importou ser politicamente incorrecta, fiel ás súas ideas e á súa conciencia social. De forte
carácter, soñaba con voar alto e logrouno: cambiou os patróns da moda e axudou a tecer un imperio sen precedentes en España.

Esta é a historia dunha costureira que se fixo millonaria, e dunha millonaria que se volveu solidaria e rebelde. Alguén que puido ser un fío roto pero acabou sendo un fío solto.
Descargar todas as imaxes