Escoitar

Visita guiada ao Cemiterio de Pereiró

Moitas persoas achéganse nestas datas a cemiterios e camposantos para lembrar e honrar a aqueles que xa non están entre nós. Así, maniféstase a ancestral tradición que achega o mundo dos vivos e dos mortos unha vez apañadas as colleitas e co declinar da luz solar. Este sentir común recibe nomes diferentes en cada cultura: Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte...

venres, 23 out 2015
1445590737cochefunebre.jpg
Pereiró é o maior cemiterio de Vigo. De propiedade municipal, foi proxectado por Jenaro de la Fuente a finais do S.XIX. A súa arquitectura e escultura funeraria atinxen notábel importancia e son relevantes os aspectos antropolóxicos e históricos que garda.

Se queres coñecer este recuncho íntimo e misterioso da cidade, non perdas as visitas guiadas de turismo cultural ao Cemiterio de Pereiró. Terán lugar os días 28, 29, 30 e 31 de outubro de 2015, ás 19:30 ( 25 prazas diarias). É unha experiencia inesquecíbel coñecer a cidade dos mortos, o Vigo que marchou para sempre, mais que persiste na memoria do Vigo vivo...

- Participantes: Persoas maiores de idade interesadas en coñecer a arte funerarias e a historia de Vigo.

- Lugar e datas de inscrición: As inscricións realizaranse presencialmente na oficina municipal de información turística, sita en Cánovas del Castillo, 3, (Estación marítima de Ría), en horario de 10:00 a 17:00 horas, desde o vernes día 23 de outubro de 2015 ata o día 26 de outubro de 2015, sábado e domingo inclusive.

- Datos obrigatorios de inscrición: Nome completo. DNI Teléfono móbil de contacto. Correo-e (opcional). Data de nacemento.

- Condicións de inscripción:
Cada persoa só poderá inscribirse a si mesma e a un acompañante no día que escolla.
A adxudicación de prazas faise por estrito orde de solicitude. Habilitaranse listas de espera por se se producisen baixas.

Máis información na web vigo.org e web turismodevigo.org, oficina municipal de información da casa do Concello, oficina municipal de turismo. Para información telefónica: 010 (desde móbil 986 810 260) e Tel 986 22 4757 de Turismo de Vigo Correo-e: turismodevigo@vigo.org"

Contidos da visita

1.- Visita ao coche fúnebre restaurado.
2.- XARDÍN DA MEMORIA: Visita ao cemiterio civil:
. Paredón de fusilamentos
. Sepulcros de alcaldes e diputados fusilados durante a Guerra Civil Española
. Colonia alemana
3.- Cemiterio Católico.
. Explicación xeral
. Concepción Arenal
. Expatriados de Cuba y Filipinas
. José Elduayen Gorriti e Marqués de Valladares e Mos
. García Barbón
. Gil y Sarabia de Asorey
. Sanjurjo Badía
. Barreras Massó.
. Curbera
. Alfageme
. Cesáreo González
. Francisco Tapias Pascual
4.- Ofrenda da rama de oliveira agasallada polo Concello, que os asitentes á visita depositarán no monumento fúnebre que escollan.
Descargar todas as imaxes