Escoitar

Convocatoria de axudas para a realización da Inspección Técnica de Edificacións (ITE) dos inmobles construídos no ano 1984

Na data 22 de xullo de 2015 a vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) resolveu aprobar a convocatoria de axudas ás persoas propietarias que carezan de recursos suficientes para a realización da ITE, correspondente ao ano 2015, dos inmobles construídos no ano 1984 no termo municipal de Vigo.

xoves, 8 out 2015
1444306693vigo.jpg
O texto completo da dita convocatoria publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 189, do 30 de setembro de 2015, no taboleiro de anuncios da XMU e na páxina web municipal (www.vigo.org).

Para o exercicio 2015 o importe total das axudas a conceder non excederá do límite de 25.000 euros e financiarase con cargo á partida 1510.4890000 dos orzamentos da XMU.

Os requisitos para ser persoa beneficiaria son, entre outros, ser titular dun único ben inmoble, o cal deberá ser a súa vivenda habitual. Os requisitos completos especifícanse no apartado 2 da base primeira da Ordenanza reguladora das bases polas que se regula o outorgamento de axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes para a realización da ITE (BOP núm. 104, do 30 de maio de 2008).

O modelo de solicitude, establecido no anexo I da dita Ordenanza, pode descargarse da páxina web municipal ou solicitarse no Rexistro da XMU. As solicitudes poden presentarse nos Rexistros da XMU ou do Concello, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes, de tres meses desde a publicación da convocatoria no BOP de Pontevedra, rematará o mércores 30 de decembro de 2015.

Para máis información pode consultarse a páxina web do Concello (www.vigo.org) ou nos teléfonos do Servizo de Atención Cidadá (010) ou do Servizo de ITE (986 810 336).
Descargar todas as imaxes