Escoitar

Caballero avala o interese de Mondariz por formar parte da área metropolitana de Vigo

Os alcaldes de Vigo e Mondariz mantiveron esta mañá un encontro no que, Xoán Carlos Bugarín lle trasladou ao rexedor de Vigo o interese deste municipio por formar parte da área metropolitana. Tal e como lle explicou, integrarse neste ente supramunicipal é a mellor ferramenta para facilitar as comunicacións.

martes, 6 out 2015
1444150603Mondariz.JPG
Abel Caballero apoiou o interese de Mondariz de formar parte da área metropolitana de Vigo, tal e como lle solitou o seu alcalde, Xoán Carlos Bugarían, nun encontro que mantiveron esta mañá na alcaldía no que tamén estiveron presentes os concelleiros Marina Alfaro (Mondariz) e o responsable vigués de Fomento, David Regades. Para Bugarín, formar parte do ente supramunicipal supón a mellor ferramenta para facilitar as comunicacións con Vigo, unha cidade coa que teñen unha relación laboral e sanitaria moi intensa.

Dado que Mondariz é limítrofe con Pazos de Borbén, cumpliría os requisitos para formar parte da área nunha futura ampliación, que Caballero prevé se realice antes do verán que ven. Nesta mesma situación estarían outros municipios como Tui, Tomiño, A Guarda ou Vilaboa.

Nun primeiro momento a área metropolitana quedaría constituída polos 14 municipios que a integran actualmente, pero o rexedor de Vigo xa lle avanzou ao seu homólogo o seu aval para formar parte dun ente supramunicipal que, encabezado por Vigo, darálle a cada municipio o peso que lle corresponda, segundo coincidiron ambos mandatarios.
Descargar todas as imaxes