Escoitar

O goberno de Vigo adicou 80.000 euros á ampliación do comedor do CEIP García Barbón

Por mor do inicio do curso, o alcalde de Vigo visitou este xoves o CEIP García Barbón, onde o goberno local concluíu este verán os traballos de ampliación do comedor escolar, prácticamente duplicando as prazas do mesmo. Ademais, Caballero informou do comezo tamén hoxe do plan de tráfico en colexios que, en liñas xerais, funcionou con normalidade durante esta primeira xornada.

xoves, 10 set 2015
1441890596VisitacolexioGarciaBarbon.JPG
O CEIP García Barbón retomou hoxe xoves a actividade escolar, con preto de 450 alumnos e alumnas, segundo explicou Caballero. O alcalde recordou que este é un centro público "moi importante en Vigo" que precisaba de reformas como a ampliación do comedor escolar, realizado polo Concello este verán pese a ser "competencia exclusiva" da Xunta de Galicia.

Abel Caballero revelou que uns 280 rapaces e rapazas empregan o comedor do García Barbón, unha cifra que obrigaba a facer tres quendas diarias de comidas. A dirección do centro solicitou do goberno de Vigo a ampliación do mesmo, acometida durante este verán cun orzamento de 80.000 euros e que supuxo practicamente duplicar o seu número de prazas. "Estou moi satisfeito desta obra", asegurou o rexedor.

Ao longo deste verán, o goberno de Vigo investiu 300.000 euros de forma directa en melloras para colexios públicos, aos que hai que engadir outros 300.000 euros de financiamento municipal que gastan os propios directores dos centros, explicou Caballero, de cara ao novo curso 2015-2016, que arrancou esta mañá na cidade con máis de 11.000 alumnos e alumnas en Infantil e case 24.000 máis en Primaria.

Plan de tráfico
Co primeiro día de curso deu comezo tamén a aplicación do plan de tráfico municipal inicialmente en 13 colexios da cidade, un proxecto que prioriza aos alumnos e alumnas reservanzo prazas de aparcamento nos accesos e nos horarios de entrada e saída aos centros. O resto de colexios iranse incorporando progresivamente, en próximas semanas, ao plan municipal, "un gran avance" na cidade, en verbas de Caballero, que procura a seguridade do alumnado e a fluidez do tráfico rodado.

Con apoio policial e de Protección Civil, a primeira xornada transcorreu con normalidade, segundo valorou Caballero, mais con cuestións detectadas que se irán mellorando nos próximos días. Aínda que esta mañá non operou, e tras ter informado aos vehículos estacionados nas prazas reservadas, o rexedor non desbotou o uso do guindastre para facer cumprir a normativa.
Descargar todas as imaxes