Escoitar

Vigo inaugura voo a Malága en virtude do acordo entre o Concello e Air Nostrum

O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da aeroliña, Carlos Bertomeu, asistiron hoxe mércores ao acto organizado polo voo inaugural entre Vigo e Málaga, cun avión bautizado como "Mar de Vigo". Tras concurso público impulsado polo goberno de Vigo, Air Nostrum opera as conexións con Málaga, Sevilla (iniciada o pasado luns), Gran Canaria e Londres. Ambos mandatarios salientaron os bos niveis de ocupación que están a rexistrar as rutas de Vigo.

mércores, 8 xul 2015
1436368817aeropuerto.JPG
Abel Caballero e Carlos Bertomeu participaron este mércores no aeroporto de Vigo no acto oficial organizado polo voo inaugural entre a cidade e Málaga, un dos catro destinos que opera Air Nostrum este verán en virtude do contrato, asinado tras concurso público, de promoción turística promovido polo Concello de Vigo.

Air Nostrum, que ademais bautizou como "Mar de Vigo" o avión que operou o primeiro voo con Málaga, conecta desde o pasado luns Vigo con Sevilla e retomará as rutas con Londres o próximo luns e con Gran Canaria desde o 20 de xullo. Tanto Gran Canaria como Londres foron destinos cubertos por Air Nostrum desde Vigo na Semana Santa, cunha boa acollida.

Segundo salientaron tanto Bertomeu como Caballero, os niveis de ocupación dos voos están sendo satisfactorios, sendo especialmente bo o enlace con Londres. As conexións con Sevilla e Málaga comezan por encima do 50% de ocupación, segundo a planificación prevista, mentres que Gran Canaria e Londres superan o 70% ata o momento.

O acordo asinado entre a compañía aérea e Air Nostrum prevé a apertura doutras catro rutas desde Peinador no próximo 2016: Alicante, Menorca, Bruxelas e Roma.
Descargar todas as imaxes