Escoitar

O Concello implementa lanzadeiras desde Praza América ata o Álvaro Cunqueiro desde o 6 de xullo

A partir do 6 de xullo funcionará unha lanzadeira desde a Praza de América ata o o novo hospital cunha frecuencia de 30 minutos. Este servizo estará operativo ata o 24 de agosto, cando comezará a hospitalización no Álvaro Cunqueiro no e, polo tanto, arrancará o sistema de transporte definitivo.

luns, 29 xuñ 2015
Abel Caballero deu conta hoxe luns de que o próximo 6 de xullo entrará en funcionamento unha lanzadeira de Vitrasa desde Praza América ata o novo hospital cunha frecuencia de 30 minutos. Este servizo estará en funcionamento ata o 24 de agosto todos os días laborables porque, segundo o cronograma do Sergas, no Alvaro Cunqueiro só haberá consultas ata o 24 de agosto, cando arrancará a hospitalización e, polo tanto, o sistema de transporte definitivo. Durante este periodo de tempo, explicou o rexedor, vaise ir xerando unha masa de progresiva de pacientes e persoal que haberá que atender con servizo de transporte público. En todo caso, o alcalde criticou de novo a falta de información da previsión de usuarios desta dotación hospitalaria, unha información necesaria para trazar o novo mapa de liñas de Vitrasa, segundo explicou Caballero.