Escoitar

Caballero valora o papel "satisfactorio" que realiza Afundación na cidade de Vigo

O alcalde mantivo este xoves unha reunión co presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, xunto ao seu xerente e director de Comunicación, tras a que Caballero indicou que a entrevista se mantivo nun "clima de cordialidade, entendemento e cooperación" e valorou o papel "globalmente satisfactorio" que realizan na cidade. <br />

xoves, 18 xuñ 2015
1434631181escotet.JPG
Abel Caballero explicou que esta primeira reunión servíu para facer un repaso da acción de Afundación na cidade así como para abordar as súas previsións para o futuro. O alcalde avanzou que a entidade planea unha importante exposición pictórica en Vigo, mais non quixo revelar nada para que sexa Afundación a que o faga público cando e como considere.
Descargar todas as imaxes