Escoitar

O Concello organiza unhas xornadas sobre a prevención na mocidade da violencia de xénero

Baixo o lema "O Contexto Educativo, Clave para Previr a Violencia de Xénero e Sexual na Mocidade", o Concello de Vigo organiza unhas xornadas na sala de conferencias de Afundación esta tarde e mañá sábado. Os obxectivos pasan por visibilizar entre os mozos este problema social estrutural, sensibilizar á sociedade da súa dimensión, coñecer as novas formas de violencia a través das redes sociais e formar e educar á mocidade. O alcalde, Abel Caballero, incidiu na importancia da educación para erradicar a violencia.

venres, 24 abr 2015
Na tarde deste venres e mañá sábado, a sala de conferencias de Afundación acoll a xornada "O Contexto Educativo, Clave para Previr a Violencia de Xénero e Sexual na Mocidade", organizada polo Concello.

"Queremos que se siga a visualizar a violencia de xénero, sensibilizar a profesionais e que, desde os ámbitos máis tempranos de idade, a violencia de xénero sexa detestable", asegurou o rexedor, quen recordou que onte presidiu unha mesa de coordinación da acción contra a violencia de xénero.

Os obxectivos desta acción son visibilizar esta violencia na mocidade como un problema social estrutural; sensibilizar a profesionais, nais e pais, e á sociedade en xeral da dimensión da violencia de xénero; contribuir á súa erradicación nos mozos e adolescentes a través da formación e da educación; e coñecer as novas formas en que se presenta a través das redes sociais.

Esta xornada é unha iniciativa do Programa IRENE de información, formación e prevención da violencia de xénero e sexual, un programa impulsado polo Instituto da Muller e cofinanciado polo Concello de Vigo e o Fondo Social Europeo no ámbito do Programa Operativo Loita contra a Discriminación.