Escoitar

O Concello estuda co Colexio Fogar a obra para dotar de herba ao seu campo de fútbol

O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión cos responsables da entidade deportiva para abordar a forma e o proxecto de mellora: "temos que iniciar de forma inmediata os trámites", indicou Caballero sobre a obra para cubrir de herba o campo de fútbol do Colexio Fogar San Roque.

luns, 20 abr 2015
1429531430hogar.JPG
O rexedor explicou antes os medios que Afundación -responsable do centro- deu o "silencio" como resposta á solicitude municipal de dotar ao campo do Colexio Fogar de herba, en consecuencia o Concello de Vigo traballa desde hai meses cos responsables do club para levar adiante esta mellora.

Abel Caballero asegurou que Vigo está a experiementar "un desenvolvemento do fútbol base excepcional" e desde o goberno local "non queremos campos de terra" senón "instalacións deportivas de primeira magnitude" para os máis pequenos.
Descargar todas as imaxes