Escoitar

PSOE e BNG instan á Xunta a concertar un plan de emprego específico para Vigo

Os grupos socialista e nacionalista deron luz verde a unha moción defendida por Santos Héctor na que solicita un plan de emprego específico para a cidade de Vigo atendendo ás súas características. Esta iniciativa contou co voto en contra do grupo do PP.

luns, 30 mar 2015
O Pleno insta áo goberno autonómico a poñer en marcha un plan de emprego específico para a cidade de Vigo, antendendo ás súas característicias de área industrial e de servizos. Así o defendeu o concelleiro socialista Santos Héctor nunha moción que tivo o respaldo do BNG, o voto en contra do PP e saíu adiante co voto de calidade do presidente do Pleno. Cos mesmos apoios se aprobou outra das mocións socialistas, neste caso, un texto que esixía á Xunta e á Consellería de Sanidade a adoptar medidas urxentes para poñer fin ao deterioro da sanidade pública. Co respaldo do BNG, o socialista Cayetano Rodríguez conseguir aprobar unha moción que destaca a gravísima crise permanente que están a atravesar as urxencias, as listas de agarda ou o desmantelamento das referencias e os servizos de excelencia en beneficio doutras áreas.

A terceira moción socialista instaba ao Goberno do Estado a paralizar a reforma do regulamento do Rexistro Civil e manter a situación actual. Nesta ocasión, o BNG apoiou o texto, mentres que o PP se abstivo. O edil Carlos Font lembrou na súa intervención que este proxecto de reforma incrementará os prezos entre un 800 e o 6.000%.