Escoitar

O Concello outorgará a Medalla da Cidade ás empresas do sector da automoción

Todos os grupos municipais acordaron hoxe martes outorgar ás empresas do sector da automoción a Medalla da Cidade e nomear como Vigués Distinguido á asociación do Alzheimer Afaga. O resto dos galardoados neste 2015 serán Vanessa Lage e Vicente Allo, policías vítimas no atraco nunha sucursal bancaria en O Calvario, o escritor e activista social Carlos Mañas, o xesuíta José Bailón, o Hospital Meixoeiro, o dominico Emilio Suárez e A Plataforma de Afectados pola Hepatite C.

mércores, 25 mar 2015
1427288146pleno.JPG
A Medalla da Cidade entregarase ao sector da automoción, "referente nacional e internacional que, segundo o alcalde, xera en Vigo 20.000 postos de traballo" e por unanimidade dos grupos será Viguesa Distinguida a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaga). A proposta do grupo socialista, tamén recibirá este recoñecemento Vanessa Lage e Vicente Alló, os dous axentes do Corpo Nacional de Policía que foron tiroteados nun atraco nunha entidade bancaria de O Calvario, no que a axente perdeu a vida. Con este xesto, a cidade pretende recoñecer o traballo destes dous axentes en defensa dos dereitos e seguridade dos vigueses. O grupo do goberno tamén impulsou a distinción do activista social, publicista e escritor Carlos Mañas.

A proposta do Partido Popular serán recoñecidos o hospital do Meixoeiro polo seu 25 aniversario e o sacerdote xesuíta José Bailón. O BNG, pola súa banda, prantexou galardoar á Plataforma de Afectados pola Hepatite C e ao sacerdote Emilio Suárez, polo seu traballo durante anos na parroquia do Cristo da Victoria.

A distinción de "Vigueses Distinguidos" é un galardón que concede a Corporación Municipal polo que se distingue a unha persoa ou grupo de persoas que sobresaíron ó longo da súas vidas, polas súas virtudes humanas ou polo seu facer profesional; vigueses famosos, populares e incluso, nalgúns casos persoas que polo seu labor calado, polo seu auto rexeitado protagonismo, non son coñecidas pola maioría.

Vigueses Distinguidos

- AFAGA (ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS DE GALICIA)
Nace no ano 1994 fruto do interés dun grupo de familiares a raíz da desorientación e falta de información que naquel momento existía respecto das enfermedades de Alzheimer e outras demencias como primeira asociación de Galicia.

Nun principio, tivo carácter autonómico ainda que posteriormente, debido á aparición de novas asociacións e a imposibilidade de abarcar tan amplio espectro poblacional, o seu radio de acción se reduxo ó ámbito provincial. A maioría das actividades e programas que se levan a cabo ten un ámbito local referido á ciudade de Vigo.

AFAGA perteñecía á Confederación Nacional de Asociacions de Familiares de enfermos de Alzheimer (CEAFA), e por iso foi membro fundador da Federación de Asociacions Galegas de familiares de enfermos de Alzheimer (FAGAL). A raíz deste proceso, a Federación Nacional convirtiuse na Confederación da que actualmente forma parte a Federación Galega.

Dentro do seus fins máis destacados están a orientación e información tanto a familiares como á población en xeral, acercar a realidade do Alzheimer ás entidades públicas e privadas co obxetivo de acadar unha resposta amplia ou eficaz ás demandas deste colectivo e estimular e colaborar nas investigacions que sobre esta enfermedad se realicen.

Dende o año 1994 esta asociación desenvolvea unha serie de actividades e programas cos que se intenta axudar ó enfermo e o seu entorno familiar a paliar as limitacions que esta enfermedad impón.

- CARLOS MAÑÁS GÓMEZ

Creceu en Vigo dende o ano 1974, ainda que naceu en Valencia. Se considera Vigués 100% e se formou como publicista en Madrid, chegando a ter a súa propia empresa, con gran reconoñecemento internacional é se especializou en Marketing social, traballando para varias multinacionais, É un activista social a favor da tolerancia e da solidaridade; preside varios lobbies de presión e participa de forma activa no terceiro sector.

Tamén foi profesor de publicidade e marketing nunha coñecida escola viguesa. Un tempo despois das súas primeiras experiencias frustradas tras ser diagnosticado de trastorno bipolar ós cuarenta anos, impulsou a creación do Foro de Saude Mental TBO (Trastorno Bipolar Organización). É autor de máis dunha decena de libros sobre marketing, pero na temática humanitaria debutou fai seis anos coa publicación de" El discreto encanto de la filantropía". "

O libro" Mi cabeza me hace trampas" é un manual de optimismo ilustrado, onde recolle información práctica e datos sobre a enfermidade mental bipolar.

- EMILIO SUÁREZ CORUXO

Naceu en Caborana (Aller-Asturias) é dominico licenciado en teoloxía, estudios eclesásticos e socioloxía e profesor do instituto politécinco e do Seminario de Vigo.É un membro activo do Movemento cidadán da parroquia do Cristo da Vitoria de Coia con máis de 30.000 persoas, así como animador das comunidades populares de base de da acción social da mesma.

Dende o desenvolvemento urbanístico do polígono de Coia reivindicou as necesidades que carecía a zona como o saneamento, iluminación, transporte público, equipamento educativo e sanitario e zonas verdes e moi especialmente un gran parque na Bouza.

Así dende oa anos 70 é un loitador polos dereitos e as condicións de vida das persoas, preocupado polos máis desfavorecidos, a defensa da renda básca e sempre ao lado da aquelas persoas que están a padecer máis cruelmente os efectos da crise económia de da excusión social.

- Irmá JOSÉ BAILÓN BAILÓN
Nacido en Peleas de Arriba (Zamora) convirtiriuse en fraile en 1952 e o destinaron a Vigo no ano 1964 ocupándose primeiro do internado na sede da rúa Sanxurxo Badía nos comedores. Posteriormente nomeouse administrador do centro, atribuíndoselle a modernización do centro, a transformación do comedor en autoservicio. Fue el creador del Gurpo Apostol en 1972 integrado polo prsoanl non decente do centroIrmán xesuita que lleva 50 años no Colexio Apóstol, e que está todavía en activo os seus 79 anos.
Recentemente se lle concedeu a insignia de oro do centro pola Asociación de Antiguos Alumnos.

-Hospital Meixoeiro

Situado ao Este da ciudad de Vigo, sobre o alto do monte que leva o se nome, no que se accede dende a autoestrada A-52 o ben poa AP-9 xuntandose ambas duas no nó do Alto de Puxeiros.Este edificio empezou o seu funcionamento no ano 1989 para solucionar o déficit sanitario dá area, celebra este ano o seu 25 aniversario e ten unha adecuada iluminación natural, xa que todas as estancias son exteriores cunhas inmellorables vistas da Ría de Vigo. Consta de catro edificios, tres anexos e duas naves e conta con servicios de hospitalización e centrais. (Cirurxia Cardiaca, Hemodinamica, Oncoloxía, Radioterapica, Braquiterapia, Oncoloxía, M.Intensiva, M.Nuclear, Laboratorios, UCMA, e Dialise, Urxencias, Bloque quirúrxico, cociñas, lavandería, talleres de mantemento, administración e adminisión, consultas externas, radioloxía, rehabilitación e vestuarios, cafetería, biblioteca, salón de actos e xuntas e a escuela universitaria de Enfermería.

Ademáis de ser un gran xenerador de beneficios asistenciais da cidade, tamén acadou importantes logros sociais xa que hoxe en día é un dos maiores xeradores de emprego en Vigo, xa que aglutina a miles de traballadores unidos polo mesmo obxectivo común de mellorar o nivel de saúde da población de Vigo coa súa labor, esforzo e dedicación que fan gañarse a confianza dos vigueses.

-Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C

Esta plataforma se constitue en Vigo o día 19 de decembro de 2014 como motivo da contradición ante as manifestacións do Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e igualdade do goberno central da incorporación ao Sistema Nacional de Saúde dunha nova batería de fármacos cunha alta taxa de curación fronte ao Virus da Hepatite C (VHC) superior ao 90% e a constatación por parte dos doentes das severas restrinciós no aceso a estes tratamentos levadas a cabo por parte da Consellería de Sanidadede da Xunta de Galicia. O detonante para esta mobilización foi as primeiras denegacións polos médicos especialistas destes tratamentos.
Ditas mobilizacións son a loita polo acceso a través da sanidade pública á posibilidade real da cura dunha mortal e grave enfermidade pola chegada desdetes novos avances centíficos que se incorporaron ao Sistema Na cional de Saúde. A esixencia fianl é o cumprimento dun dereito constitucional á protección da saúde sen ter que deixar a vida polo camiño.
A súa valentía e esforzo deste colectivo é un exemplo social na loita e denuncia de políticas inxustas e na defensa dos seus dereitos e da sanidade pública que afecta a un número moi significativo de persoas.

- VICENTE ALLO BARONA e VANESA LAGE CARREIRA axentes da Policía Nacional

Ferido de gravidade e falecida respectivamente nun acto de servizo durante un atraco a unha sucursal bancaria da cidade, defendendo os cidadáns de Vigo.
Os feitos sucederon o pasado 28 de novembro de 2014 candos os axentes asistiron a un atraco nunha entidade bancaria na que o atracador acabou ca vida de Vanesa Lage de 36 anos de idade, e feriu de gravidade ao seu compañeiro Vecente Allo de 41 anos.
E de recoñecer o esforzo e adicación a todos os homes e mulleres que traballan a diario para que Vigo siga a ser a cidade segura que é.
Eles han exemplarizado a significación de ser policía, que é ser servidor público, arriscar todo por axudar aos cidadáns con xenerosidad, vocación e heroismo.
Descargar todas as imaxes