Escoitar

O alcalde anuncia que Pérez Mariño será o pregoeiro da Festa da Reconquista

Abel Caballero avanzou este luns a elección do xuiz Ventura Pérez Mariño como pregoeiro da Festa da Reconquista deste ano, quen foi alcalde da cidade e maxistrado da Audiencia Nacional, "un home do mundo das ideas, do mundo da cultura" que "sempre estivo na súa cidade, traballando por Vigo", asegurou o rexedor vigués.

luns, 23 mar 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta mañá que Ventura Pérez Mariño será o encargado do pregón da Festa da Reconquista de 2015. En verbas de Abel Caballero, "o pregoeiro da Festa da Reconquista deste ano será Ventura Pérez Mariño, quen foi alcalde de Vigo, maxistrado na Audiencia Nacional, xuiz en Vigo; un home do mundo das ideas, do mundo da cultura, persoa que sempre estivo na súa cidade, en Vigo, traballando por Vigo, facendo un Vigo con máis capacidade de dar felicidade á xente, de facer unha mellor cidade. Por iso este ano tomei a decisión de que fora o pregoeiro da Festa da Reconquista".