Escoitar

Caballero felicita a Martín de la Puente, o mellor tenista sobre cadeira de rodas de España con só 15 anos

O alcalde de Vigo felicitou este venres ao xogador vigués, que percibe unha axuda do Concello e ocupou no 2014 o primeiro posto na clasificación española absoluta da especialidade, con tan só 15 anos. De la Puente é tamén o número 2 da clasificación mundial de xogadores menores de 18 anos e está entre os 50 mellores do mundo sen límite de idade.

venres, 6 mar 2015
1425650258martin.JPG
Abel Caballero salientou que Martín de la Puente Riobó practica tenis en cadeira de rodas desde os 10 anos e agora, con tan só 15, situouse no primeiro posto do ranking español absoluto da especialidade. Está ademáis no número dous do mundo entre os menores de 18 anos e xa forma parte dos 50 mellores tenistas do mundo na clasificación absoluta. O seu obxectivo pasa por conseguir unha praza para as Paraolimpiadas de Río 2016.
Descargar todas as imaxes