Escoitar

Caballero anima a todo Vigo a facer un percorrido pola historia do automóbil en Galiexpo

Galiexpo Motorshow abre as súas portas esta fin de semana no recinto feiral do Ifevi na que xa é a súa novena edición. Durante a inauguración, Caballero animou a todo Vigo a achegarse a "esta gran feira do automóbil e da náutica" na que se combina negocio e ocio.

venres, 27 feb 2015
1425042518moto.JPG
Caballero achegouse esta mañá á inauguración de da novena edición de Galiexpo Motorshow, "a gran feira do automóbil e da náutica" que abrirá as súas portas desde hoxe venres ata o domingo 1 de marzo no Ifevi. Este salón, dixo, é un "elemento de atracción para a cidade" e animou a todo Vigo a visitar este certamen "que nos permite percorrer os últimos cincuenta anos na historia do vehículos, do transporte de mercadorías por estrada e da motonáutica".

Galiexpo Motorshow é un salón do motor que une negocio, máis de cen expositores coas marcas máis punteiras do sector, e entretenemento, con espectáculos de primeiro nivel. Cada unha das pasadas edicións recibiron máis de 50.000 visitantes, consolidándose como o certame máis importante do noroeste peninsular. A cifra de negocio acumulada ao longo destes anos foi de cinco millóns e a participación superior ás 500 empresas.
Descargar todas as imaxes