Escoitar

Concello e Zona Franca rubrican mañá o convenio para proporcionar a Citroën 50.000 m2 de solo

O alcalde de Vigo amosou hoxe xoves a súa satisfacción pola aprobación no Pleno da Zona Franca do convenio que permitirá proporcionar a Citroën 50.000 m2 de solo. Caballero e Pedrosa asinarán un acordo clave para "o asentamento do futuro" da factoría na cidade.

xoves, 26 feb 2015
Abel Caballero e Teresa Pedrosa asinarán mañá venres o convenio que permitirá ao Concello ceder 50.000 m2 de solo a Citroën. O rexedor, quen amosou a súa satisfacción logo de que este acordo recibira o apoio do Pleno da Zona Franca, avanzou o inmimente inicio do plan parcial para que a factoría dispoña de novos espazos para realizar as reformas que precisa de cara a optar á fabricación novos vehículos. Caballero explicou que este acordo é clave para "o asentamento do futuro" da factoría na cidade.

Outro dos acordos importantes acadados no Pleno da Zona Franca celebrado onte mércores foi, segundo o rexedor, o "respaldo unánime" á remodelación de Balaídos e a que Consorcio e Concello acorden o xeito co que a Zona Franca se incorpore a ese proxecto. O Pleno do ente estatal, dixo o rexedor, ratificou de "forma expresa" esta participación, sempre con respecto á normativa da Zona Franca e do seu equilibrio económico. Neste punto, trasladou a "súa absoluta confianza" en alcanzar un acordo para o que o Concello "xa está en condicións de faecer unha proposta". Respecto dos prazos, explicou que a finais de ano estarán rematadas as gradas de Río, Preferencia e Tribuna, con capacidade total para 17.000 afeccionados.