Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 26 feb 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 27 DE FEBREIRO DE 2015.


1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 10, e 11 de febreiro, e ordinaria e extraordinaria e urxente do 13 de febreiro de 2014.


ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta de Sentenzas, Autos e Decretos:

a) Expte. nº 8800-111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 297/14 P.A. Demandante: D. VICENTE RAMIL PASTORIZA. Obxecto: Resolución do 2.9.14. Reclamación responsabilidade patrimonial, accidente de moto o 19-7-2012 (Expte.: 3909/243). Desestimado o recurso.

b) Expte. nº 8759-111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 227/14 P.A. Demandante: D. DÁMASO PENA GONZÁLEZ ("Sindicato Independiente del Ayuntamiento de Vigo"). Obxecto: XGL 23 maio 2014. Bases de selección de 2 prazas de "inspector principal" da policía municipal. Desestimado o recurso.

c) Expte. nº 3739-111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 64/2007 P.O. Demandante: UTE ELOYMAR-TRANVÍAS ELÉCTRICOS DE VIGO. Obxecto: Resolución estimatoria parcial (19/3/2007), desestimación do recurso contra o acordo do 12/2/2007, apartado segundo da resolución do 23/7/2007, e resolución do 27/8/2007, relacionadas coa entrada en vigor da Lei estatal de obriga a tarificar por minutos a prestación do servicio. Desestimado o recurso.

d).- Expte. nº 8838-111. Sentenza do X. Primeira Instancia nº 1 de Vigo, Tercería de dominio 255/2014. Demandante: dona Paula Vanesa López Seoane. Obxecto: Demanda de tercería de dominio por un vehículo contra a desestimación da reclamación previa á vía civil. Estimada integramente a demanda.

e) Expte. nº 8840-111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 379/14 P.A. Demandante: Dª LUCY AMIGO DOBAÑO e OUTROS. Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo do 7-2-2014. Liquidación do IIVTNU, transmisión de terreo. Contía: 1.918,80 (x 3) €. Desestimado o recurso.

f) Expte. nº 8825-111. Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 355/14 P.A. Demandante: Dª TERESA ROMERO GARCÍA. Obxecto: Resolución do 16.8.14. Reclamación de reposabilidade patrimonial, caída na Avda. Castelao o 15.11.2012 (Expte.: 3900/243.) Declara caducado o recurso

g) Expte.nº 8589-111. Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección 4ª, no rec. Apelación nº 15044/2014, interposto por UNIVERSIDADE DE VIGO contra Sentenza desestimatoria do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 101/14 P.O. En relación con acordo do TE-A do Concello de Vigo 18-6-2013. IBI 2012. Desestimado o recurso de apelación.

h) Expte. nº 6895-111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 94/2011 P.O. Demandante: Dª MARÍA DEL PILAR OTERO MEIRIÑO. Obxecto: Resolución do 28.4.11. Reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en finca por filtracións da canle de Eiras . Estimado parcialmente o recurso.

i) Expte. nº 8897-111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 423/2014 P.A. Demandante: D. ÁNGEL JESÚS MARTÍNEZ FERNÁNDEZ. Obxecto: Resolución do 30.10.14. Reclamación de reponsabilidade patrimonial, danos en vehículo aparcadoiro de Samil, tocón dunha árbore, 5.8.2013. Desestimado o recurso.

k) Expte. Nº 8283-111. Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección 2ª, no rec. Apelación nº 4441/2014, interposto polo CONCELLO DE VIGO contra sentenza estimatoria do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo de RC-A interposto contra a resolución do 1.3.2013 da X.Goberno local en relación á retirada da Cruz do Castro. Estimado o recurso de apelación.

COMERCIO
3.- Bases reguladoras que rexerán o sorteo dos postos no Mercado Progreso. Expte. 5472/551.

CONTRATACIÓN
4.- Devolucion de garantía a favor de Obra y Construcciones Dios S.A. Expte. 5133/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
5.- Subvención nominativa á Fundación Laxeiro para financiar o programa de actividades e funcionamento do exercicio económico 2015. Expte. 1107/341.

6.- Fixación de prezo da venda ao público do catálogo da exposición "A Máquina de Escribir, colección Sirvent" en Casa das Artes. Expte. 1121/341.

DEPORTES
7.- Proposta de autorización para a organización do Programa Bici Rutas 2015. Expte. 13865/333.

8.- Proposta de autorización para a organización do evento XVI Medio Maratón Gran Bahia Vig-Bay o 22 de marzo de 2015. Expte. 13862/333.

9.- Programa de traballo, Plan de calidade e Plan de xestión de residuos das obras "reforma da cuberta do Pavillón de Teis". Expte. 13911/333.

10.- Proxecto de convenio de colaboración coa A.S.D. Octavio Vigo polo desenvolvemento do seu proxecto xeral de actividade da entidade de élite na tempada deportiva 2014/2015. Expte. 13881/333.

11.- Proxecto de convenio de colaboración co Sárdoma C.F. polo desenvolvemento do seu proxecto xeral de actividade da entidade de élite na tempada deportiva 2014/2015. Expte. 13881/333.

12.- Proxecto de convenio de colaboración co Club Vigo Voleibol polo desenvolvemento do seu proxecto xeral de actividade da entidade de élite na tempada deportiva 2014/2015. Expte. 13881/333.

13.- Proxecto de convenio de colaboración co Club Bosco polo desenvolvemento do seu proxecto xeral de actividade da entidade de élite na tempada deportiva 2014/2015. Expte. 13881/333.


EDUCACIÓN
14.- Nomeamento de representantes municipais nos consellos escolares dos centros de ensino público de educación infantil, primaria e secundaria. Expte. 16802/332.

OSPIO
15.- Programa de traballo e plan de control de calidade das obras de "Humanización da rúa Pazos e Entronque". Expte. 2858/443.

16.- Programa de traballo e plan de control de calidade das obras de "Humanización da rúa Ramón Nieto, fronte ao Mercado de Cabral". Expte. 2859/443.

17.- Programa de traballo e plan de control de calidade das obras de mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura en diversas rúas e camiños. Expte. 2861/443.

RECURSOS HUMANOS
18.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios correspondentes ao mes de xaneiro de 2015. Expte. 26251/220.

19.- Complemento de produtividade por toxicidade ó persoal das brigadas de pavimentación do persoal do Parque Móbil correspondentes ao mes de xaneiro de 2015. Expte. 26253/220.

20.- Complemento de produtividade por toxicidade ó persoal das brigadas de pavimentación do persoal de Vías e Obras correspondentes ao mes de xaneiro de 2015. Expte. 26254/220.

21.- Complemento de produtividade por conducir vehículo municipal sen ser oficiais do persoal do servizo de Cemiterios correspondentes ao 4º trimestre de 2014. Expte. 26249/220.

22.- Complemento de produtividade de D. Camilo Fontáns Balbuena. Expte. 26230/220.

23.- Complemento de produtividade por xornada partida do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de xaneiro de 2015. Expte. 26252/220.

24.- Complemento de produtividade de persoal de Servizos Enerxéticos por limpeza especial de fontes públicas ornamentais. Expte. 26255/220.

25.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de xaneiro de 2015. Expte. 26248/220.

26.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de xaneiro de 2015. Expte. 26250/220.

27.- Liquidación de intereses na execución 75/2014 do Xulgado do Social nº 5 de Vigo (Procedemento 311/2010) sendo demandante Dna. Montserrat Soto Sío. Expte. 26231/220.

28.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas de dous/dúas auxiliares de administración xeral, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) da lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP) por un máximo de seis meses, para o Servizo de Estatística. Expte. 26246/220.

29.- Gastos locomoción de xullo 2014 a xaneiro 2015 de varios servizos municipais. Expte. 26287/220.

30.- Dar conta das seguintes resolucións:

a) Autorización horas ao servizo do Parque Móbil para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2015. Expte.26107/220.

b) Autorización horas ao Taller de Vías e Obras para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2015. Expte. 26109/220.

c) Autorización horas á Xerencia do Parque Central para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2015. Expte. 26110/220.

d) Autorización horas ao servizo de Desinfección para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2015. Expte. 26111/220.

e) Autorización horas á OSPIO para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2015. Expte.26113/220.

f) Autorización horas ao servizo de Limpeza para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2015. Expte. 26115/220.

g) Autorización horas ao servizo de Montes, Parques e Xardíns para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2015. Expte. 26164/220.

h) Autorización horas ao servizo de Transporte para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2015. Expte. 26229/220.

i) Autorización horas ao servizo de Seguridade para os meses de xaneiro, febreiro e marzo 2015. Expte. 91987/210.

k) Solicitude de reingreso ao servizo activo de D. Manuel Francisco Guerreiro Barciela. Expte. 26051/220.

l) Encomenda provisional de funcións ao funcionario D. Francisco J. Gutiérrez Orúe. Expte. 11561/77.

m) Encomenda provisional de funcións á funcionaria Dna. Rosa M. Otero Malvárez e Dna. Sara Castro Cerqueira. Expte. 6937/320.


TESOURERÍA
31.- Dar conta do pase a vía de constrinximento de liquidación de débeda da Asociación Veciñal de Bouzas. Expte. 25800/700.

32.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 27 de febreiro de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 25 de febreiro de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.