Escoitar

Desfile de comparsas e carrozas, domingo, 22 de febreiro ás 17,00 horas

Con motivo da suspensión do desfile de comparsas e carrozas previsto para o pasado sábado, 14 de febreiro, e á vista do posterior traslado de data ao domingo día 22 de febreiro ás 17,00 horas, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e cortes de tráfico que afectará principalmente a García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII:

venres, 20 feb 2015
Domingo, 22 de febreiro:
DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS.- A saída da comitiva está prevista para as 17,00 horas e percorrerá as rúas García Barbón (dende o nó de Isaac Peral, Policarpo Sanz e Porta do Sol (remate).
A partir das 16,00 horas quedará cortada ao tráfico as rúas do percorrido

Desviacións:
- Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido das comparsas non poderán facelo dende as horas establecidas.

- Queda pechado ó tráfico o acceso dende a rúa López de Neira por rúa Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.

- Aqueles vehículos que circulen pola Avenida de Galicia terán que desviarse pola Avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal – Beiramar, para chegar a rúa Coruña e Bouzas.

- Recoméndase ós vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, Praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario.

- Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Alfonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa Cervantes.

- Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzáiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.

- Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.

- Aconséllase ós vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ó seu destino.

- Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviaranse no cruce da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.

- Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.

- Ós vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facendo que xiren na rotonda de San Lourenzo.

- Os vehículos que circulen pola rúa Areal desviaranse pola rúa Oporto e rotonda da Paelleira.

- Os vehículos que circulen pola rúa Rosalía de Castro desviaranse pola rúa Serafín Avendaño e Miragaia cara a rúa Arenal dirección Plaza de Compostela.

- Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.


Peches de tráfico:
Os cortes produciranse en:
-García Barbón-Sanjurjo Badía.
-Saída da autoestrada a Isaac Peral
-Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón.
-Rúa Colón-Marqués de Valladares
-Paseo de Alfonso XII
-López de Neira-Doutor Cadaval
-Alfonso XIII-Cervantes
-Urzáiz-Lepanto
-Urzaiz-México
-Urzaiz-Vázquez Varela
-Serafín Avendaño-Rosalía de Castro
-Serafín Avendaño-Areal
-Miragaia-Rosalía de Castro
-Miragia-Areal
-Oporto-Rosalía de Castro
-Canceleiro-Rosalía de Castro
-República Arxentina-Uruguai

-As únicas entrada e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-zona Praza de Compostela e Beiramar terán que ser pola rotonda de Julián Estévez e pola rúa Coruña.
-Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás ós que teñan o seu destino na mesma ou ós usuarios da autoestrada.

Punto de encontro de nenas/os perdidos, posto de emerxencia e zona reservada.
-Establecerase un posto destacado de emerxencias no cruzamento Colón-Urzáiz e dous postos de atención a nenos/as perdidos no lateral da igrexa de Santiago de Vigo e Porta do Sol.
-No caso de perdas de nenos/as, dirixirse ós voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.
-Establécese unha reserva de espazo para persoas con mobilidade reducida no cruzamento da rúa de Alfonso XIII con García Barbón (diante de Santiago de Vigo).

Recomendacións finais
-Evitar o uso dos vehículos particulares.
-Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
-Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa García Barbón entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estévez e Sanjurjo Badía.
-O acceso das comparsas e carrozas ao lugar de concentranción realizarase preferentemente dende a rotonda de Julián Estévez.
-Manter control sobre os nenos, evitando a súa perda e que se abalancen preto das carrozas na busca de caramelos.
-Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da Organización.

Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido das comparsas non poderán facelo dende as horas estabelecidas.