Escoitar

O goberno local investirá 390.000 euros na reforma integral do Parque de Castrelos

A Xunta de Goberno Local adxudicou definitivamente as obras de remodelación do Parque de Castrelos, cun importe de 390.000 euros e un prazo de execución de 4 meses. Tamén se aprobou o último trámite administrativo para acometer a reforma da cuberta do pavillón de Teis.

luns, 2 feb 2015
O goberno local acometerá de xeito inmediato a reforma do Parque de Castrelos, unha vez que a Xunta de Goberno local adxudicou o proxecto por importe de 390.000 euros e un prazo de execución de dous meses. Tal e como explicou o rexedor, a remodelación do "gran parque da cidade" suporá actuar en 4.700 m2, retirando todos os elementos existentes para instalar unha tirolina, 8 columpios, un trampolín, dous equipos combinados, 1 estructura tridimensional de cordas, xogos de rotación, xogos de area, sistemas anticans e 75 metros lineais de valla metálica.

Na mesma Xunta de Goberno Local tamén se deu luz verde ao Plan de Seguridade do proxecto de rehabilitación da cuberta do Pavillón de Teis. Cun investimento de 160.000 euros, esta reforma evitará as filtracións de auga que, en verbas do rexedor, leva soportando esta dotación deportiva desde hai vinte anos.