Escoitar

Caballero felicita aos organizadores da Liga Linco e o Torneo de minibalonmán pola promoción do deporte de base

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe a representantes dos clubs que dende este mes (mañá sábado comeza o minibalonmán, o venres 30 o baloncesto) porán en marcha as dúas competicións complementarias do programa municipal de escolas deportivas.

venres, 23 xan 2015
1422038845deportes.JPG
Uns 270 nenos e nenas disputarán ata finais de maio estes torneos non federados, cada tarde de venres nos pavillóns de Navia e Balaídos o baloncesto, os sábados pola mañá o minibalonmán en Balaídos.

O Unión Balonmán Lavadores encabeza a iniciativa que reuniu aos catro clubs máis importantes da cidade (Lavadores, Seis do Nadal, Octavio e Carballal) en torno a esta idea para nenos de 6-8 anos. O Seis do Nadal lidera en solitario a XIII Linco Concello de Vigo, para nenos de 6-12 anos por unha banda (benxamíns e alevíns, en Navia) e a VI Linco XL para os de 13 a 16 anos (infantís e cadetes, en Balaídos).

O Seis do Nadal conta con equipos do programa municipal das escolas Deportivas de Navia, O Berbés e Balaídos e dos CEP Celso Emilio Ferreiro, Doutor Fleming, dos CEIP Seis do Nadal, Illas Cíes, Alfonso Rodríguez Castelao, Javier Sensat e Pintor Laxeiro, e do colexio Labor e o IES Alexandre Bóveda.

Asistiron ao encontro no Concello Concepción Martins, presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal, Ramón Román (directivo) e Sergio González, coordinador deportivo, polo torneo de baloncesto, e os presidentes Francisco Rodríguez (U.B. Lavadores), José Barciela (A.D. Carballal) e Antón Piñeiro (Balonmán Seis do Nadal) xunto con José Ángel Fernández "Cerillo" (Octavio).
Descargar todas as imaxes