Escoitar

O Concello inicia coa grada de Río a "gran reforma" do estadio de Balaídos

O goberno local, xunto ao Real Club Celta de Vigo, colocou este venres a primeira pedra dos traballos de remodelación integral do estadio municipal de Balaídos. O alcalde asistiu ao inicio das obras, que, na súa primeira fase, contemplan a consolidación estrutural da grada de Río e o cambio da cuberta, cun orzamento de 1.680.000 euros. Caballero apuntou que con estes traballos se acomete un "proxecto pendente nesta cidade desde hai trinta anos"

venres, 23 xan 2015
1422018354celta.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este venres ao estadio municipal de Balaídos, onde o goberno local ven de iniciar os traballos para a reforma integral do recinto o que supón acometer "un proxecto pendente nesta cidade nos últimos 30 anos", dixo. Os traballos incluirán unha nova cuberta, tiras de aluminio de tres metros de ancho simulando ondas, ademais dunha nova entrada. Moveráse Preferente ao campo, de xeito que, como Tribuna e Río, tamén se achegarán 5 metros. Todo o estadio, explicou, quedará á mesma altura o que permitirá protexer mellor as gradas da choiva. Finalmente, derrubarase a grada de Gol, que tamén se achegará ao borde do campo.

Un dos aspectos nos que incidiu especialmente foi na seguridade, xa que o estadio leva sen someterse a controis desde o ano 82. A este respecto, avanzou que xa neste primeira fase vaise realizar o asentamento xeral da estrutura do campo, dado está anclado en zonas freáticas, para protexer aos 31.000 espectadores -1.000 máis que antes- que van poder achegarse ao estadio cada domingo ao ampliarse o aforo. A remodelación completaráse cun xogo de luces exterior que cambiarán cos goles no campo.

Caballer quen avanzou que a semana que vén asinarase o convenio co Celta, e a seguinte coa Deputación, aproveitou para resaltar o "alto grado" de sintonía que existe cos directiva do clube celeste, "o que nos permitiu unir sinerxias". Neste punto agradeceu aos concelleiros, ao Celta, aos técnicos e ao resto das institucións colaboradoras a súa cooperación. Explicou que este acordo permite ao Concello abonar só 10 dos 30 millóns aos que ascende a remodelación integral do estadio municipal.

Acompañado pol tenente de alcalde, Carmela Silva, o edil de Fomento, David Regades, e responsables do Real Club Celta encabezados polo seu presidente, Carlos Mouriño, Abel Caballero recordou ademais que o Concello de Vigo conta co proxecto xa aprobado da segunda fase das obras do estadio, que presentan un orzamento superior aos 2,5 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes