Escoitar

A Festa da Reconquista celebrarase este ano durante dúas fins de semana

O alcalde anunciou este martes a principal novidade da celebración deste ano, despois dunha reunión que tivo lugar onte entre os representantes do goberno local e da AVV Casco Vello. Abel Caballero indicou que a festa terá lugar tanto na fin de semana previa como na propia do 28 e 29 de marzo, con actividades, mercadiños e escenificacións en cada unha.

martes, 20 xan 2015
1421758821reconquista.JPG
O rexedor vigués aseverou que a intención do Concello e da asociación veciñal é facer en 2015 unha festa da Reconquista "máis extensa no tempo e máis intensa en cada un dos días", que se alongará durante dúas fins de semana: a propia do 28 e 29 de marzo e a inmediatamente anterior.

Caballero aclarou que, durante as dúas fins de semana, os asistentes poderán disfrutar de representacións teatrais, mercadiños e actividades musiciais, entre outras. O borrador xa está elaborado e presentarase o programa completo en próximas datas. O alcalde recordou que "as festas son factor de mobilización económica moi importante" e salientou o bo resultado que obtivo o programa municipal de Nadal no comercio vigués.
Descargar todas as imaxes