Escoitar

O goberno local comprométese á instalación de herba artificial no campo de San Roque

Apenas dous días despois de anunciar a implantación de herba artificial no campo de O Carballal, o rexedor incorporou o campo de San Roque á partida económica que permitirá acometer estes traballos de mellora nos próximos orzamentos municipais. Así llo avanzou hoxe luns aos directivos do Clube de Fútbol Colegio Hogar cos que mantivo un encontro na Alcaldía.

luns, 12 xan 2015
1421080218hogar.JPG
O alcalde de Vigo comprometeuse a renovar o céspede do campo de San Roque utilizado polos 12 clubes que conforman a asociación de fútbol do Colexio Hogar. En primeira instancia, o rexedor anunciou que en breve vaise poñer en conctaco cos responsables da Afundación para que restablezan o bo estado do céspede, tal e como lles correspondería. En todo caso, matizou, se eles non o fixeran, o goberno local asumirá a esta renovación así como as obras que son precisas nos vestiarios e na iluminación. O alcalde precisou que nos próximos orzamentos incluiránse partidas para mellorar este campo así como o de Carballal. O rexedor adquiriu este compromiso cos directivos do Club de Fútbol Colegio Hogar.
Descargar todas as imaxes