Escoitar

O Pleno pide unha rúa para Verne e incluilo nas accións de promoción turística de Vigo

A unanimidade da Corporación deu luz verde á moción deste luns do PP, que solicita para o escritor francés unha rúa da cidade, unha exposición sobre a súa obra e o seu paso por Vigo, incluir as súas referencias á cidade nas promocións turísticas municipais e realizar xestións para que acoller unha futura edición do "Congreso Internacional Verniano".

luns, 22 dec 2014
Ademais de pasear por Vigo, un dos capítulos da súa obra "Veinte mil leguas de viaxe submarina" leva por título "A bahía de Vigo", feitos que posibilitan unha maior promoción da relación entre Verne e a cidade. A Corporación accordou hoxe trasladar á Comisión de Rúas do Concello a proposta de denominar unha rúa viguesa co nome do escritor, crear unha mostra aberta sobre a súa obra e o seu paso pola cidade, incluir novas referencias á relación de Verne con Vigo nas accións de promoción turística da cidade e acometer as xestións precisas para acoller unha próxima edición do "Congreso Internacional Verniano".

Protección Civil
Outra moción respaldada polo Pleno insta ao goberno local a dar comezo "de forma inmediata, non superando o mes de xaneiro de 2015", o procedemento para a elección da xunta directiva da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo. O acordo foi promovido polo PP e respaldado polos grupos socialista e nacionalista.