Escoitar

Actividades de Nadal de Normalización lingüística

venres, 19 dec 2014
1418993802norma.jpg
19 decembro, venres ás 18:00. Contos do medio co Apalpador na librería Hobbit (As Teixugueiras, 32). Para público familiar. Contadores: Faia

20 decembro, sábado ás 12:30 (as portas abriranse ás 12:15. Prazas limitadas ata completar as localidades). Espectáculo familiar "Unha viaxe polo mundo" Para público familiar. Representado por: As Maimiñas

20 decembro, sábado ás 18:00. Contos do medio co Apalpador na librería Andel (avda. Camelias, 112). Para público familiar. Contadores: Faia

20 decembro, sábado ás 18:30. Contada infantil no CVC de Valadares (estrada de Valadares, 261). Para público familiar. Contadores. alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade-CIOV

21 decembro, domingo ás 12:30. Vermú regueifeiro na Taberna A Regueifa (San Vicente, 1-baixo a curva de Elduayen). Público adulto. Contadores: regueifeiro e alumnado do CIOV

22 decembro, luns ás 18:00. Contos do medio co Apalpador na Biblioteca Neira Vilas (avda. E. Martínez Garrido, 21). Para público familiar. Contadores: Faia

22 decembro, luns de 17:00 a 20:00. Cantos de reis nas Galerías Colón (Colón, 7). Para público familiar. Cantadores: Xandobela

23 decembro, martes de 17:00 a 20:00. Cantos de reis no local da Asociación de comerciantes do Calvario (San Roque, 109). Para público familiar. Cantadores: Xandobela
23 decembro, martes ás 17:30 (as portas abriranse ás 17:15. Prazas limitadas ata completar as localidades). Cine A tropa de trapo no Verbum (avda. Samil, 17)


Máis información na web: snl.vigo.org e no facebook: Vigo en galego
Descargar todas as imaxes