Escoitar

Exposición "Outra panificadora é posible" na Casa das Artes

A planta baixa da Casa das Artes (rúa Policarpo Sanz, 15) acolle a exposición "Outra panificadora é posible", organizada polo colectivo "Outro Vigo é posible" en colaboración coa Concellería de Cultura, Festas e Museos.

luns, 22 dec 2014
1418825667panificadora.jpg
En todo o mundo, e non só nos países desenvolvidos, antigas fábricas, talleres, naves, hangares, estaleiros, altos fornos, canteiras, minas e demais construcións industriais en desuso, son aproveitadas para novos usos.

A miúdo trátase de fermosos edificios que unen á súa finalidade práctica a beleza da súa construción e dos seus materiais, pero en ocasións o determinante é a súa adaptabilidade a novas necesidades ou ao seu emprazamento á beira do mar, de vías de navegación ou no actual centro das cidades.

Esta exposición ofrece á cidadanía viguesa unha brevísima mostra para que observe con outros ollos a marabillosa catedral industrial que domina a cidade e configura a súa silueta destacando no horizonte vigués, unha impresión que todas as persoas de Vigo levan na súa retina sen sabelo.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 18 de xaneiro
Descargar todas as imaxes

Máis información