Escoitar

Caballero defende avanzar na consecución da "máxima seguridade" dos traballadores da pesca

O alcalde participou este venres na inauguración da xornada técnica sobre Prevención de Riscos Laborais no sector pesqueiro, organizada por ARVI dentro dos actos do seu 50 aniversario. Caballero indicou que o Concello seguirá do lado da pesca para conseguir a "máxima seguridade no traballo" nesta actividade "da maior importancia", que xera "valor engadido e emprego".

venres, 12 dec 2014
1418388994arvi.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou esta mañá na apertura da xornada técnica organizada pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, unha cita que servirá para analizar aspectos como a coordinación de actividades en reparación de buques, xestión preventiva a bordo e seguridade marítima.

Ao longo deste venres, danse cita nas instalacións de ARVI representantes do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, da Xunta de Galicia, d Puerto de Vigo, da Capitanía Marítima, así como técnicos e expertos en prevención.

A organización destacou que o Servizo de Prevención SPM-ARVI-COAPRE ten adheridos a máis de 1.100 traballadores e, nos últimos 5 anos, o índice de incidencia de accidentes laborais destes empregados foi un 36,7% menor da media dos traballadores do sector en Galicia. Ademais, desde 2009 non se rexistrou ningún accidente mortal entre os adheridos a este servicio.
Descargar todas as imaxes