Escoitar

O alcalde vincula a pesca ao progreso na homenaxe de ARVI aos falecidos na mar

Abel Caballero participou este mércores no acto de recoñecemento, impulsado pola Cooperativa de Armadores, aos mariñeiros que perderon a vida na mar, que son recordados cunha placa e cun monumento instalado na entrada ao Porto de Vigo. O alcalde -quen felicitou a ARVI pola iniciativa no marco do seu 50 aniversario- indicou que o seu recordo "ten que permanecer na nosa memoria porque a eles lles debemos o que somos", pois da pesca "depende unha parte importante do progreso do noso país".

mércores, 19 nov 2014
1416401951arvi.JPG
O rexedor quixo felicitar a ARVI polos seus 50 anos, "unha cooperativa tan importante nun ámbito tan importante na cidade de Vigo" e salientar que "sen a pesca a cidade de Vigo non tería futuro".
Descargar todas as imaxes