Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 30 out 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 31 DE OUTUBRO DE 2014.


1.- Acta da sesión ordinaria do 17 de outubro e extraordinaria e urxente do 21 de outubro de 2014.

ALCALDÍA
2.- Proxecto de convenio coa Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) para coadxuvar o financiamento do VIII Festival de Habaneras "Ao son de Vigo" e Maratón Coral Voces Galegas- ano 2014. Expte. 11640/101.

3.- Proxecto de convenio coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos para o fomento da súa actividade social no ano 2014. Expte. 11639/101.

BENESTAR SOCIAL
4.- Rectificación do acordo da XGL do 23.05.14 en relación coa resolución das axudas da convocatoria de Bono-taxi 2014. Expte. 90989/301.

CONTRATACIÓN
5.- Clasificación de ofertas para a contratación da promoción turística de Vigo en novos mercados turísticos, nacionais e internacionais, para atraer turistas procedentes de novos mercados mediante conectitividade aérea directa dos mesmos con Vigo. Expte. 5238/104.

6.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación de aluger de maquinaria de obra pública, con e ser maquinista, para a reparación das infraestruturas viarias e outros equipamentos conexos. Expte. 70983/250.

7.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación da subministración de árbores, arbustos e plantas de temporada. Expte. 7569/446.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
8.- Indemnización substitutiva por importe de 46.770,26 € a favor de Servicios Securitas S.A. pola prestación do servizo de atención ao público en dependencias culturais . Xaneiro-setembro 2014. Expte. 938/341.


9.- Indemnización substitutiva por importe de 49.387,95 € a favor de Servicios Securitas S.A. pola prestación do servizo de atención ao público no Verbum-Casa das Palabras . Xaneiro-setembro 2014. Expte. 2343/340.

10.- Indemnización substitutiva por importe de 55.944,83 € a favor de Servicios Securitas S.A. pola prestación do servizo de atención ao público na Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" . Xaneiro-setembro 2014. Expte. 5238/337.

11.- Corrección de erros nos anexos I e II do "convenio de colaboración coa xestora do Auditorio do Pazo de Congresos de Vigo para a Programación e Organización de actividades socioculturais no Auditorio Pazo de Congresos- ano 2014" aprobado en XGL o 1.08.14. Expte. 5664/335.

12.- Pagamento dos dereitos de autor xerados polos espectáculos do programa "Vigo en Festas 2014". Expte. 5764/335.

13.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas durante o mes de agosto de 2014. Expte. 5781/335.

14.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas durante o mes de setembro de 2014. Expte. 5781/335.

EDUCACIÓN
15.- Prórroga do contrato de servizos para a limpeza dos colexios públicos e escolas municipais. Expte. 11548/332.

EMPREGO
16.- Dar conta da desestimación da solicitude de subvención á Consellería de Traballo e Benestar para o proxecto "Vigo Capacita II". Expte. 11310/77.
IGUALDADE
17.- Proposta de autorización á Concellería de Igualdade e mailo Consello municipal da Muller á realización do evento ENLAZA VIGO 2014. Expte. 6469/224.

LIMPEZA
18.- Revisión ordinaria do prezo do contrato de instalación, limpeza e mantemento de colectores e papeleiras do termo municipal de Vigo. Expte. 4541/252.

PATRIMONIO
19.- Proposta de aboamento á Comunidade de veciños da rúa Martínez Garrido nº 71 dos gastos de comunidade de vivenda de propiedade municipal. Expte. 316/242.

20.- Novo procedemento de licitación para adxudicación da concesión administrativa da ocupación do dominio público municipal mediante a instalación e explotación de ser. Restauración na edificación "Cafetería Mirador do Castro". Expte. 19659/240.

21.- Desestimación de alegacións e proposta de recuperación posesoria da zona de uso público ocupada con tobogán acuático no paseio da praia de Samil. Expte. 19702/240.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
22.- Proposta para execución de sentenzas contra a resolución da convocatoria de axudas contra a crise para atender necesidades básicas dos veciños e veciñas de Vigo- exercizo 2013. Expte. 6743/320.

RECURSOS HUMANOS
23.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de setembro 2014. Expte. 25739/220.

24.- Complemento de produtividade por xornada partida de Dna. Susana Vega Prieto, correspondentes aos meses de agosto e setembro 2014. Expte. Núm.: 25745/220.

25.- Gastos de locomoción de diversos servizos municipais. Expte. 25772/220.

26- Dar conta á X.G.L. das seguintes resolucións:

a) Declaración da xubilación obrigatoria de D. Sergio González Prada, con efectos de data 20.11.2014. Expte. 25773/220.

b) Declaración da xubilación obrigatoria de D. Emilio Conde Borrajo, con efectos de data 23.11.2014. Expte. 25767/220.

c) Traslado do Xefe de Equipo de Oficios do Parque Móbil á Unidade de Mantemento dos Servizos Municipais. Expte. 25430/220.

SERVIZOS
27.- Proxecto de obras "Humanización da rúa María Berdiales". Expte. 2689/440.

28.- Nomeamento de dirección facultativa da obra "Renovación de redes de saneamento e abastecemento no barrio do Calvario". Expte. 2712/443.

29.- Nomeamento de dirección facultativa da obra "Subsanación das necesidades da rede de saneamento e abastecemento na avda. Atlántica, do nº 30 ao nº 52". Expte. 2715/443.

30.- Plan de Seguridade e Saúde e aceptación do Plan de Xestión de Residuos da obra "Renovación da rede de saneamento nas rúas Mestre Chané e Montecelo Alto". Expte. 2716/443.

31.- Requirimento de subsanación de deficiencias nas obras de "Humanización da rúa Sanjurjo Badía, Fase I". Expte. 2718/443.

32.- Dar conta da tramitación do expediente "Renovación das redes de saneamento e abastecemento no Barrio do Calvario"- Plan de Inversións de Aqualia. Expte. 2560/443.

33.- Dar conta da tramitación do expediente "Subsanación das necesidades da rede de saneamento e abastecemento na Avda. Atlántida, do nº 30 ao nº 52"- Plan de Inversións de Aqualia. Expte. 2563/440.

34.- Dar conta da tramitación do expediente "Renovación da rede de abastecemento na rúa Cantabria, entre avda. do Aeroporto e Ramón Nieto"- Plan de Inversións de Aqualia. Expte. 2548/440.

TRANSPORTES
35.- Indemnización substitutiva por importe de 26.214,71 € a favor de Interparking Hispania S.A. polos servizos prestados de apoio á xestión do aparcamento da Praza de Portugal- setembro 2014. Expte. 450/449.

36.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 31 de outubro de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.


Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 29 de outubro de 2014.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.